Transferencia

Aínda que as miñas prioridades profesionais son a docencia e a pesquisa, colaboro frecuentemente con organismos públicos, empresas e centros tecnolóxicos en temáticas relacionadas cos meus outputs académicos.

As colaboracións con entidades públicas desenvólvense arredor do deseño e avaliación de políticas de innovación e competitividade, análises estratéxicas, cadros de mando ou transformacións organizativas. Algunhas destas institucións son o Banco Interamericano de Desarrollo, o Ministerio de Ciencia e Innovación, a Consellería de Economía e Facenda, a Consellería de Medioambente, a Consellería de Traballo, o Consello Económico e Social de Galicia, o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), a Axencia Galega de Innovación (GAIN), a Axencia para o Coñecemento en Saúde do SERGAS (ACIS), o Instituto Galego de Estatística (IGE), ou o Consorcio da Zona Franca de Vigo.

Simultaneamente, coopero con certa frecuencia en diferentes proxectos con centros tecnolóxicos, empresas e asociacións de sectores tan variados como o da alimentación, automóvil, farmacéutico, pesqueiro, construcción ou servizos avanzados. En ocasións estas sinerxias téñense viabilizado a través de convenios ou proxectos europeos con clústers e asociacións sectoriais. Noutros casos, cos mesmos instrumentos, teño cooperado con empresas e centros tecnolóxicos individualmente no ámbito da pesquisa, o asesoramento ou a formación. Algunhas destas organizacións son Alcantara&Partners, Altran Innovación, ANFACO-CECOPESCA, APM Management Tools, Atlantic, CETMAR, Grupo Calvo, Gradiant, Innova Consult, Jealsa Rianxeira, Kaizen Institute, Pescanova, PSA Peugeot Citroen, Syngenta ou TECNALIA Research & Innovation.