Liñas de pesquisa

Os meus intereses académicos céntranse no proceso de innovación: dende o deseño e concepción de novos produtos, pasando pola súa industrialización e ata a xestióin da cadea de suministro.

Actualmente coordino a sección de empresa de REDE (www.rede.uvigo.es ); un grupo de pesquisa multidisciplinar con intereses focalizados en innovación, enerxía e medioambiente. A miña labor é a de dirixir unha axenda de pesquisa desenvolvida para os próximos cinco anos e baixo o título de “From lean process improvement to green-lean innovation: how organization and ITs can lead to a competitive and sustainable extended enterprise”.

Inputs principais

Doutoramento Europeo (2002). Tese: Labor transactions and governance structures on the shop floor: A neo-institutional approach to the Spanish food and electronics industries. Tribunal: Benito Arruñada, Vicente Salas, Emilio Huerta, Claude Menard e Damian Grimshaw.

Proxectos. “Productividade do carbono, desmaterialización e volatilidade da demanda: unha análise evolutiva das capacidades e tecnoloxías en sistemas industriais adaptativos”, Ministerio de Economía y Competitividad, 2017-2020. \\  “Eficiencia e sostenibilidade no proceso de innovación en entornos industriais”, Ministerio de Economía y Competitividad, 2014-2016. “Cambio tecnolóxico e innovación contractual e organizativa: determinantes, estratexia e sostenibilidade”, Ministerio de Ciencia e Innovación, 2008-2012. \\ “Optimización da calidade de vida e da organización do traballo a bordo, Fondo Social Europeo-Equal, 2005-2007.

Congresos. 4 Production and Operations Management World Conference (Amsterdam), 9 International Conference on the European Energy Market (Florencia), 4 e 6 International Conference on Industrial Engineering and Industrial Management (Vigo e San Sebastián); Workshop on Industrial Informatics (Madrid); 19 & 20 EAEPE Conferences (Roma & Porto); 4, 7 & 9 ISNIE Conferences (Tuebingen-Germany, Cambridge-USA & Barcelona); 3, 4 & 5 Workshops on Institutional Analysis (Barcelona); 10, 13, 17, 19 & 21 ACEDE Conferences (Oviedo, Salamanca, Sevilla, Toledo & Barcelona); 4 IAM Conference (Lisboa).

Outputs seleccionados

No ámbito da axenda de investigación descrita máis arriba, analicei por exemplo as sinerxías entre a investigación básica e a innovación de produto, o perfecionamento dos sistemas de control operario para mellorar a eficiencia dos procesos industriais, a influencia dos comportamentos deshonestos dos xerentes e dos traballadores na organización das operacións, ou o desenvolvemento de fórmulas de xestión das operacións que logran equilibrar os custos de producción coa necesidade de garantir respostas áxiles e medioambientalmente responsabeis.

Os meus principais traballos verbo destas temáticas foron publicados no Cambridge Journal of Economics, Computers and Operations Research, Harvard Business Review, IEEE Transactions on Engineering Management, Industrial and Corporate Change, Industrial Marketing Management, Journal of Manufacturing Systems, Long Range Planning, Management and Organization Review, Organization Science, Organization Studies, Research Policy, Supply Chain Management International Journal, Technology Analysis and Strategic Management.